| |
O Grupo Municipal Popular pide modificar os pasos de peóns da cidade para evitar patinazos de motoristas |
14/05/2008 |
|
| |
-
Esta medida beneficiaría aos 5.347 condutores de ciclomotores e motocicletas censados no municipio.
-
Enrique Rozas tamén pedirá que se modifique a localización dos pasos de peóns nos cruces de rúas sen rede semafórica.
|
| |
O Grupo Popular presentará un documento con varias propostas para debater na próxima reunión da Comisión de tráfico. Ademais das achegas relativas ao novo prego de condicións que regulará o sistema Ou.R.A. inclúense outras medidas encamiñadas a mellorar a seguridade dos motoristas e peóns.
Pasos de peóns.-
Unha das ideas dos populares é que se modifique a localización dos pasos de peóns nos cruces de rúas sen rede semafórica. A proposta é que se atrase a sinalización uns metros e deste xeito gañaríase en seguridade para os peóns e evitaríanse as retencións que se producen cando ao vehículo queda no medio do cruzamento porque se ve obrigado a deixar pasar aos peóns.
Na cidade hai numerosos exemplos onde se podería aplicar esta solución: Concepción Areal con Camiño Real; Poeta Cabanillas-Rúa Ourense; Camiño Real, Julia Minguillón-Río Ser; Doutor Gasalla-Poeta Cabanillas; Rúa Pontevedra-Gravador Castro Gil; Tui-Eduardo Pondal...
|
|
|
Figura 1.- O vehículo 2 non ten visibilidade no cruzamento ata que está sobre o paso de peóns, e cando o vehículo 1 impídelle o paso o peón ha de esperar
|
Figura 2.- Se o vehículo 2 atópase a un peón cruzando ha de deterse no medio do cruzamento, estorbando o paso ao vehículo 1
|
| |
|
|
|
Figura 3.- Separando lixeiramente o paso de peóns o vehículo 2 non estorba o cruzamento dos peóns mentres espera a que pase o vehículo 1
|
Figura 4.- A separación tamén permite que o vehículo 2 poida esperar a que cruce o peón sen impedir o paso do vehículo 1
|
| |
|
|
|
En cruces como o de Concepción Areal con Camiño Real danse continuos exemplos destes problemas.
|
|
|
Motoristas.-
Enrique Rozas explica que son numerosas as caídas dos motoristas como consecuencia do pavimento deslizante dos actuais pasos de peóns.
A proposta do Grupo Popular consiste en eliminar algunha das súas franxas (a central de cada carril) para que os vehículos de dúas rodas pasen pola superficie sen pintar, evitando deste xeito o perigo que lles supón aos motoristas, sobre todo en días de choiva.
Esta medida beneficiaría aos 5.347 condutores de ciclomotores e motocicletas censados. Enrique Rozas anunciou que presentará esta proposta na próxima comisión de tráfico.
|
Os populares tamén recuperan outra iniciativa relativa á seguridade dos peóns e solicitarán que se estude a viabilidade de implantar "a modo de experiencia" nalgún punto conflitivo da cidade pasos de peóns intelixentes. |
|
O sistema deste dispositivo baséase nuns sensores fotoeléctricos que se sitúan nos extremos do paso e detectan ao peón. Os sensores envían un sinal a un panel que se ilumina alertando aos condutores da presenza de viandantes. |