| |
O Grupo Municipal Popular acusa ao Equipo de Goberno de ter un concepto de participación moi restrinxido e de actuar unicamente de face á galería |
11/05/2008 |
|
| |
-
Coa desculpa de asistir a un acto de partido as concelleiras socialistas pretenderon dar carpetazo á reunión para redacción do novo regulamento na que participaban veciños e grupos políticos.
-
Cristina Ares: "Traballando a un ritmo normal tres meses debería ser suficientes para redactar o novo texto"
|
| |
O Grupo Municipal Popular critica a actitude do equipo de goberno ante a reforma do regulamento de participación cidadá: "É impresentable que se intente dar plantón aos representantes veciñais e grupos políticos. Antes de que comezase a reunión as concelleiras do PSOE intentan despacharnos indicando que teñen présa porque se van a un acto de partido".
Para Cristina Ares "hai que estar ao que hai que estar". A concelleira popular lamenta "a prepotencia" coa que se tratou aos convocados. "Con esta soberbia é imposible avanzar xa que desde o principio coartan as posibilidades de participación".
Cristina Ares pregúntase se a reunión era "unicamente de face á galería". A edila popular é da opinión de que os socialistas "teñen un concepto de participación moi restrinxido. Pola actitude manifestada na reunión que se celebrou o pasado xoves, está claro que pretenden dilatar ao máximo a confección do novo regulamento".
|
Proposta PP.-
Cristina Ares estima que traballando a un ritmo normal en tres meses "podería estar máis que listo o novo texto do regulamento para levar a Pleno". A concelleira do PP lamentou que o PSOE desestimase de plano a proposta popular.
|
|
Cristina Ares explicou que o que se pedía era establecer un cronograma de traballo. O PP tamén propuxo que o proceso de elaboración deste documento fose o máis participativo posible permitindo a achega de propostas de todos os cidadáns tanto a título individual como desde as asociacións. As accións se desglosaban en tres puntos:
- Abrir un período de quince días para publicitar que se vai a iniciar este proceso de reforma do regulamento dando conta das formas en que os veciños poden trasladar as súas suxestións.
- Dar un prazo dun mes para recepción de aportacións.
- Fixar dúas asembleas abertas: unha para convocar exclusivamente ás asociacións e outra aberta aos cidadáns. En ambas se contaría coa participación dun experto para dinamización dos debates
|