| |
O Grupo Municipal Popular propón a creación dunha gardería e ludoteca para vos máis de 200 fillos dos traballadores do Concello |
08/05/2008 |
|
| |
-
Sofía López Linares: "Hai que predicar co exemplo. Non se pode pedir ás empresas que colaboren coa conciliación se a Administración non dá antes o paso".
-
O custo para o Concello sería mínimo, xa que se trataría dun servizo de pago para os traballadores municipais.
|
| |
A concelleira do PP, Sofía López Linares, propón que se estude a viabilidade de crear un servizo propio dentro do Concello tanto de gardería como de ludoteca. Deste xeito colaboraríase decididamente coa conciliación da vida laboral e familiar do persoal.
O servizo, demandado polos traballadores municipais, poderían utilizalo os máis de 200 nenos de ata 12 anos. Á vista destes datos Sofía López estima que hai unha necesidade real: "Non se piden privilexios nin cargar ás arcas públicas con prestacións gratuítas, senón a posibilidade de ter o servizo".
|
López Linares pediu que doten estas dependencias das tecnoloxías máis modernas, e ata suxeriu que se instalasen cámaras web "que permitan aos pais saber como se atopa o seu fillo en calquera momento durante a súa xornada laboral". |
|
A edila popular defendeu esta iniciativa na reunión para o estudo do segundo plan de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres do Concello de Lugo, que se celebrou esta mañá. A proposta do grupo popular enmárcase dentro do "área 1": a igualdade na administración local, e dentro do obxectivo de garantir o compromiso coas políticas de igualdade a nivel interno, e dentro das propostas de mellora.
Sofía López Linares confía en que "Orozco e o seu equipo terán unha sensibilidade exquisita" con este tema xa que no programa electoral do PSOE prometéronse solucións concretas e a creación de servizos de apoio para atender aos nenos. Insistiu en que se trata dunha cuestión de coherencia, porque "non se pode pedir ás empresas que colaboren coa conciliación se a administración non dá exemplo".
|