| |
O Grupo Municipal Popular denuncia que o Concello é incapaz de controlar as súas concesións |
05/05/2008 |
|
| |
-
A empresa que xestiona a publicidade dos 20 autobuses urbanos debe desde o ano 2006 máis de 100.000 euros ás arcas municipais.
-
Rozas critica que o PSOE negoulle esta mañá a información sobre a parte económica do expediente.
|
| |
O Grupo Municipal Popular acusou ao Concello de falta de xestión, de descontrol e de abandono de funcións coas concesionarias de servizos.
Enrique Rozas fillo esta afirmación logo de comprobar que Orozco e o seu equipo deixaron de ingresar máis de 100.000 euros (case 23 millóns de pesetas) pola cesión de espazos publicitarios nos autobuses urbanos.
Rozas foi especialmente crítico coa concelleira responsable da área de economía que esta mañá lle negou o acceso á información que solicitou para saber o estado dos pagos da empresa concesionaria. O edil popular pregúntase "Que teñen que ocultar os socialistas?".
Os populares lamentan a dobre vara de medir do goberno de Orozco: "Mentres ao resto dos contribuíntes esíxellenos estar ao día nos pagos de impostos municipais, cando se fala dalgunhas concesionarias o grao de control non é o mesmo".
|
Condicións contrato adxudicataria.-
O edil popular explicou que a empresa de publicidade á cal o Concello encargou a xestión dos anuncios para colocar nas traseiras, interior e exterior dos 20 autobuses urbanos, ten o deber de ingresar 68.800 euros anuais en concepto de publicidade (47.000 pola publicidade exterior, 14.000 pola interior e 650 euros mensuais pola traseira).
|
|
A adxudicación deste servizo fíxose o 30 de setembro de 2005, e a adxudicataria empezou a prestar servizo en xaneiro de 2006 e o que se acordou é que esta ingresase, para os dous primeiros conceptos os pagos de forma trimestral, mentres que pola publicidade da parte traseira o abono ha de ser mensual.
|
| |