-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular acusa ao equipo de goberno de permitir a colocación dunha antena de telefonía móbil, sen permiso, na leira do Pedáneo no Burgo

04/05/2008

 
  • Manuel López propón que se deseñe coas operadoras un plan para colocar estas instalacións no rural e conseguir que a cobertura sexa do 100%
 

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Manuel López acusa ao equipo de goberno de permitir que se colocase unha antena de telefonía móbil, sen licenza, na leira do alcalde pedáneo do Burgo.

O edil popular critica que "o Concello faga a vista gorda simplemente porque o propietario do solar é da súa corda política". "É inadmisible que desde o Concello non controlen unha actividade e o que é máis grave, nun caso que o Alcalde debe coñecer porque a antena está no terreo dunha persoa da súa confianza".

O edil popular deixou claro "que estamos a favor de que as novas tecnoloxías cheguen ata o medio rural pero non a calquera prezo. As cousas hai que facelas polos procedementos legais". Manuel López insta a que se redacte un plan de colocación de antenas de telefonía móbil na zona rural determinando lugares que non provoquen a susceptibilidad dos veciños e que dean cobertura ás 54 parroquias suprimindo as zonas de sombra que hai na actualidade. Nese sentido solicita que o equipo de goberno reúnase coas operadoras da telefonía móbil.

Manuel López insiste en que hai que ser moi respectuosos e facer cumprir a normativa vixente antes de permitir instalacións deste tipo "Seica os gandeiros non teñen que cumprir ao pé da letra todas as normativas medio ambientais para desfacerse de residuos agrícolas, construír cortellos? as empresas de telefonía son diferentes?"

Foto
O edil popular lamenta que Orozco e o seu equipo só decidisen paralizar a instalación de telefonía móbil do Burgo pola presión dos veciños.
 

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo