-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular velará para que as queixas e reclamacións dos veciños se contesten en tempo e forma

02/05/2008

 
  • Cristina Ares anima a que se utilice esta vía como plataforma para resolver os problemas diarios
 

A concelleira do Grupo Popular, Cristina Ares, expresou hoxe a súa satisfacción pola normalización do funcionamento da Comisión de Suxestións que ela preside.
Na reunión desta mañá presentáronse todos os informes técnicos que daban resposta ás reclamacións pendentes pondo ao día as queixas que estaban sen contestar. Cristina Ares, en calidade de Presidenta desta comisión, insistiu en que velará para que no prazo de tres meses as suxestións ou peticións dos veciños reciban contestación.

Reclamacións abril.-

Neste mes de abril presentáronse á Comisión especial de suxestións 2 reclamacións. Unha ten que ver coa limpeza da pista de patinaxe das costas do Parque. Un pai quéixase do perigo que hai para que os nenos utilícena, xa que está cuberta de cristais. O veciño di textualmente: "hoxe estiven cos meus fillos nas pistas de patinaxe e volvín atopala cuberta de cristais ata o punto de que un neno caeu xogando e cortouse cun cristal. Non só dá noxo o seu estado, senón que é perigosa".

Cristina Ares explicou que ese problema está liquidado grazas á insistencia do Grupo Popular, que en reiteradas ocasións denunciou o lamentable estado da pista de patinaxe. "A chaira, ademais de servir como lugar de botellóns, utilizouse durante algún tempo como aparcadoiro gratuíto". Agora só falta que se coloque a varanda desta instalación, que se quitou fai oito meses. Para a edila popular "está claro que non se interesan por resolver nin as cousas máis sinxelas".
Foto

A segunda reclamación do mes na comisión de suxestións é dunha peregrina sobre o camiño primitivo ao seu paso por Bascuas. A camiñante pide que se coide este itinerario, xa que se pretende que sexa patrimonio da humanidade. (Colector vidro roto á beira dunha mouteira e petición de marquesiñas de madeira como en Asturias).

Participación.-

Respecto da modificación do Regulamento de Participación Cidadá, a edila popular subliñou que o PP insistirá para que se arbitren distintas canles que faciliten que os veciños fagan as súas achegas. "Se pode ser o máis axiña posible para que a comisión encargada da súa redacción póidaas ter en conta".
Cristina Ares afirmou que na reunión que se convocará para os próximos días marcará tres obxectivos para incluír no novo regulamento:

- Que se fomente a participación dos mozos mediante a utilización de novas tecnoloxías.

- O desenvolvemento do capital social. Que se de un maior poder ás asociacións.

- Fomentar a cultura de participación. Que haxa unha maior carga pedagóxica.

 

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo