-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia falta de vixilancia das zonas verdes da periferia de Lugo

02/05/2008

 
  • Teresa Taboada pide a mellora da iluminación nestas áreas.
  • "Esta vez foron colectores, pero se alguén quere dar un paseo de noite pódese levar un desgusto".
 

A concelleira Teresa Taboada denunciou hoxe que as zonas de paseo da cidade están totalmente orfas de vixilancia, o que se fai máis patente pola noite. "Nestes momentos é cando algúns desaprensivos aproveitan para dar renda solta aos seus instintos vandálicos, e vemos que o Concello non fai gran cousa".

As zonas verdes da periferia de cidade están indefensas ante estes ataques, xa que ao non existir iluminación suficiente, áreas como o paseo do Miño ou o do Intre son lugares idóneos para que se produzan estes feitos.

"Obviamente non pedimos que haxa unha patrulla policial todo o tempo no Parque do Intre ou o do Miño,pero é importante que estas zonas, que xa están bastante illadas, si teñan unha mínima presenza que garanta a seguridade dos usuarios e a conservación do mobiliario urbano"
Foto
Foto

A concelleira apuntou a súa pouca sorpresa ante esta situación "Se ata a Muralla está chea de pintadas, é inxenuo esperar que calquera outra zona da cidade estea suficientemente protexida"

 

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo