| |
O Grupo Municipal Popular apoiará a viaxe a China pero anuncia que non participará na expedición |
30/04/2008 |
|
| |
-
A presenza do alcalde é suficiente para representar ao Concello nesta visita
|
| |
O Grupo Municipal Popular anuncia que dará o seu apoio á viaxe que o Concello organiza en xuño a China pero puntualiza que non participará na expedición.
|
O concelleiro popular, Enrique Rozas, explicou que "desde o primeiro momento tivemos claro que non tomariamos ningunha decisión que prexudicase ás empresas e á cidade de Lugo e que estabamos de acordo con que o Concello arroupase esta viaxe".
|
|
No que non está de acordo o grupo popular é na necesidade de que a comitiva institucional teña que ter unha representación tan ampla como pretende o Alcalde. "Pensamos que o Concello debería seguir o mesmo exemplo que outras institucións que designan a un único representante". Para os populares "sería suficiente que a representación institucional do Concello asumísea o seu alcalde". |