| |
O Grupo Municipal Popular reclama o arranxo de varias rúas do Sagrado Corazón para evitar que no barrio haxa veciños de primeira e de segunda
|
30/04/2008 |
|
| |
|
| |
Concelleiros do Grupo Municipal Popular visitaron esta mañá o Sacro Corazón para coñecer, de primeira man, as principais reclamacións dos veciños do barrio.
Os populares pediron que se arranxe a rúa Fonmiñá, ?é unha das que está en peor estado da cidade?. A rúa que arrinca en Serra de Meira continúa por un pequeno camiño embarrado, no que hai que pasar en fila da un ata a rúa Piñeiral, continuando ata Venancio Senra por outro camiño cheo de maleza. Para os populares chama a atención o deixamento do goberno local, xa que a pesar das denuncias formuladas, neste barrio segue habendo cidadáns de primeira e de segunda.
|
A rúa Fontaneira, xunto con Piñeiral, e Carril do Tren presentan un firme cheo de buracos e beirarrúas totalmente esnaquizadas. Nalgúns casos é pola paralización de obras privadas que tiñan que facer as beirarrúas e nunca as chegaron a urbanizar, e os veciños pagan as consecuencias desta situación. |
|
|
Os populares tamén criticaron a falta de xestión do equipo de Orozco en relación á construción do novo centro de saúde do Sacro Corazón ?de pouco lles serve aos veciños arranxar as súas vivendas, cun ambicioso plan se non teñen dotacións dignas?, puntualizaron. |
Burozos.-
En Burozos o portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, explicou aos veciños que pelexará para que as vivendas da zona non se vexan afectadas polo polígono de xestión no que aparecen no Plan Xeral que se está tramitando. ?Presionaremos para que quede como núcleo rural?, puntualizou. |

Fugas de augas fecais
|
Parque do Sacro Corazón.-
Os populares tamén reclamaron que se arrombe toda a extensión que ocupa o parque do Sacro Corazón, xa que a zona presenta unha importante diferenza de coidados dunha parte a outra. Nese sentido solicitaron que se fagan as xestións oportunas para que as administracións competentes acondicionen varios puntos nun lamentable estado:
-
O terraplén que separa o parque da estación de RENFE xa que está cheo de maleza.
-
A canle do río Rato ao seu paso por esta zona. Apenas se pode ver pola gran cantidade de maleza que o ocupa, tanto no seu curso como nas beiras, dando un aspecto lamentable, e sendo un lugar idóneo para alimañas e ata ocultar lixo.
|
|
|
A vía que sobe cara á Rúa Monforte é moi perigosa, ademais de moi transitada |
A varanda non se repara adecuadamente en caso de roturas |