-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Joaquín García Díez será portavoz de pesca do PP no Congreso dos Deputados

29/04/2008

 
  • Tamén será vocal na comisión de Seguridade viaria e prevención de accidentes de tráfico, e na de Políticas integrais de discapacidade.
 

O portavoz do Grupo Municipal Popular e deputado nacional do PP pola provincia de Lugo, Joaquín García Díez, asume nesta lexislatura a portavocía de pesca do Grupo Parlamentario no Congreso.
García Díez conta coa experiencia de catro anos traballando nese mesmo campo, aínda que nesta ocasión aumentan as súas competencias, xa que a Secretaría Xeral de Pesca abarca novas áreas que son: sustentabilidade do medio mariño e protección de costas do estado competencia que antes levaba Medio Ambiente.

Ademais de asumir a portavocía de pesca o deputado lucense participará como vocal en dúas comisións:
- Seguridade viaria e prevención de accidentes de tráfico
- Políticas integrais de discapacidade


O deputado popular indicou que "a complicada conxuntura que vive o sector pesqueiro implica dedicar moito tempo a esta área". García Díez declarou estar "moi contento de poder traballar de forma máis directa, por e para os discapacitados, un colectivo polo que sempre me interesei e co que manteño un contacto constante".

En canto ao tráfico, o estar na comisión de seguridade viaria permitirá a Joaquín García Díez presentar iniciativas parlamentarias relacionadas cos puntos negros da provincia ou propostas encamiñadas a mellorar a educación viaria dos condutores.

Foto

Na pasada lexislatura García Díez realizou 107 intervencións repartidas en defensa de proxectos de lei, orzamentos do estado, sesións de control ao goberno, comparecencias de autoridades, proposicións non de lei, e intervencións na deputación permantente do Congreso como representante do grupo popular na subcomisión de seguimento das consecuencias derivadas do afundimento do prestige.

Como portavoz de pesca presentou ao redor de 40 proposicións non de lei relacionadas co sector ademais doutros asuntos de interese.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo