-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular advirte que de seguir ao ritmo actual a nova "lei da paisaxe" podería interferir no PXOM

29/04/2008

 
  • Castiñeira pediu esta mañá unha reunión urxente co equipo redactor.
  • O concelleiro tamén denunciou que só se investirá un 8% do orzado para a nova ponte sobre o Miño.
 

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Jaime Castiñeira, esixiu hoxe ao equipo de goberno que marque unha reunión urxente co equipo redactor do Plan Xeral.

"O tratado nas reunións non acaba de verse plasmado nos planos" lamentou o edil popular. "Desde a última reunión, celebrada fai quince días, non sabemos nada máis, e cos festivos que hai por medio van ser tres semanas perdidas".

Castiñeira pide unha aclaración pública ao alcalde de se quere ou non que se aprobe o PXOM, e "se quere que o demostre con traballo e convóquenos xa".

Hábitat e lei de protección da paisaxe.-

O concelleiro popular recorda como o seu grupo xa intentou que se axilizase a aprobación do documento para que non lle afectase o decreto hábitat: "A ineficacia de Orozco e o seu equipo freou unha vez máis este longo proceso que vai para unha década".

Foto

Nese sentido, o edil popular indicou que ao ritmo que marca o goberno local outra nova lei que se está tramitando no Parlamento Galego, a de protección da paisaxe, podería interferir tamén no documento urbanístico.

Castiñeira: "Só un 8% do orzamento da ponte investirase este ano".-

Castiñeira critica que o PSOE tan só gaste o 8% dos cinco millóns orzados para este exercicio no novo ponche sobre o Miño. "As grandes cifras de investimento que vende o PSOE con Lugo non cadran coa realidade, só aparecen en papel". "O que vén de anunciar é un botón máis nas diferentes obras pendentes de executar en toda a provincia."

"Da partida orzamentaria prevista para a nova ponte sobre o Miño tan só vanse a executar os 400.000 euros do proxecto. O resto non se inviste en Lugo", puntualizou Castiñeira.

O edil popular anunciou que proximamente na comisión de urbanismo pedirá explicacións "sobre as xestións que levou a cabo o señor Orozco con respecto a un acordo que se adoptou na comisión de achaiadura de setembro e no que se deu o visto e prace por unanimidade para dirixísese ao Ministerio para que a nova ponte do río Miño non afectase ao parque de Marcos Cela".

O Grupo Popular tamén quere saber que posibilidades hai de que se estuden alternativas diferentes que afecten o mínimo posible a esta zona.

"Esperemos que esta obra non vaia ao mesmo ritmo que o auditorio, porque está claro que ata as próximas eleccións municipais non se poderá utilizar nada disto", puntualizou Castiñeira.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo