| |
O Grupo Municipal Popular reclama un lavado de face da contorna da Muralla |
28/04/2008 |
|
| |
- Teresa Taboada propón que o Concello promova unha campaña de encalado e pintado das casas lindeiras.
- Os populares tamén solicitan que se negocie coa Xunta un mantemento continuo dos accesos, arcos e fielatos.
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular, denuncia, unha vez máis o mal estado da contorna da Muralla romana de Lugo.
As concelleiras Teresa Taboada e Alicia Pena Murias apuntaron que "agora que se achega a época de maior afluencia de visitantes, e que hai moitos lucenses que pasean polo adarve" o Concello debería facer un esforzo extraordinario para mellorar o seu coidado.
|
Entre outras medidas o grupo municipal propón:
|
|
|
- Colaborar cos propietarios dos edificios con acceso directo á Muralla para levar a cabo unha campaña de encalado ou pintado das súas fachadas.
|
-
Colocar as tan necesarias papeleiras en accesos ao monumento romano. Teresa Taboada subliñou que é habitual que durante o paseo polo adarve atopémonos con bolsas con excrementos de animais.
-
Negociar coa Administración autonómica para que se poñan lonas serigrafiadas coa imaxe do alzado da fachada do edificio que se está rehabilitando. Os populares tamén reclaman que se inste ao IGVS a que axilice as obras estancadas que se están executando na Tinería.
-
Instar aos particulares para que cumpran a ordenanza sobre fachadas, que prevé que non haxa tendederos á vista, nin restos de mobles, electrodomésticos...
|