A proposta do Grupo Municipal do Partido Popular relativa á unificación de horarios nos centros de día onde o Concello teña prazas, contou co visto e prace do equipo de goberno.
A iniciativa que presentou esta mañá a concelleira Sofía López Linares, na comisión permanente ordinaria de Benestar social, consistía en homogeneizar os horarios de entrada e saída dos centros de día, xa que agora varían dependendo do centro do que se trate.
Os novos horarios que se implantarán son de nove de mañá a oito da tarde de luns a venres, e de nove da mañá a seis e media da tarde os sábados. Os domingos quedan como estaba, dous ao mes no centro Antonio Gandoy con servizo de once da mañá a cinco e media da tarde.