O Grupo Municipal do Partido Popular solicita que o Concello estude a posibilidade de facer un contrato específico para limpeza dos pavillóns polideportivos dos centros educativos.
Alicia Pena explica que desde que se cubriron as instalacións dos colexios, cada vez utilízanse máis: " Ao aumentar a ocupación destes recintos se ensucian moito máis. Os pavillóns están moi solicitados, sobre todo para práctica de deportes por parte de asociacións, clubs de fútbol sala e balonmán".
A concelleira popular explicou que " antes, cando estaban abertos, simplemente varríanse e bastaba; agora como se acumula moito po réganse. A rega está provocando queixas porque o pavimento tarda moito en secar". Pena explicou que a limpeza faise unha vez por semana e en calquera día, polo tanto case sempre o chan está mollado no momento no que desexan usalo.