-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide ao Concello que facilite transporte para os gandeiros do municipio que acudan á concentración en defensa do sector lácteo e cárnico

25/04/2008

 
  • A manifestación terá Lugar o 30 de abril en Santiago de Compostela
 

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou hoxe unha solicitude para que o Concello facilite autocares a todos aqueles gandeiros do Municipio de Lugo, que desexen acudir o próximo día 30 de abril a Santiago de Compostela para manifestarse na defensa dos intereses do Sector Lácteo e Cárnico.

O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular, Joaquín García Díez, considera "grave a crise que están sufrindo os sectores lácteo e cárnico, con problemas que poden levar a unha difícil situación de moitas explotacións, debido ás importantes baixadas nos prezos que perciben os gandeiros e ás importantes subidas dos produtos básicos para o normal funcionamento das mesmas".

García Díez confía en que o alcalde aceptará esta solicitude "como unha mostra de apoio institucional desde o Concello de Lugo aos case 800 gandeiros do municipio".

Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo