-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
García Díez reclama ao alcalde que sexa máis reivindicativo con Lugo

25/04/2008

 
  • Os populares forzarán ao goberno local a levar un traballo constante nas reunións do PXOM.
  • A falta de iniciativa do equipo de Orozco contrasta coa actividade dos populares, que seguen marcando o ritmo de traballo no Concello.
 

Ante a falta de compromiso do alcalde, o Grupo Municipal do Partido Popular analizou hoxe a situación política do goberno municipal con especial referencia á paralización de proxectos, "pronto este goberno cumprirá o seu primeiro ano de mandato e as principais actuacións para o municipio seguen paralizadas."

Neste sentido, García Díez presentou unha nova iniciativa para que a corporación fixe un calendario de traballo para avanzar de face á aprobación do Plan Xeral.

Co rogo que os populares rexistraron para debater no próximo pleno, preténdese forzar ao goberno local a que como mínimo, e mentres non acabe a revisión do documento, teña que reunirse cos grupos da oposición unha vez á semana e deste xeito dar un ritmo constante de traballo e asumir un compromiso de goberno municipal coa sociedade lucense que non se vexa alterado en función de campañas electorais ou por conveniencias políticas.

O Grupo Popular segue esperando a chamada do goberno socialista: ?En nove días desde que se interromperon as dúas últimas xornadas de traballo, Orozco foi incapaz de convocar ao equipo redactor unha nova cita para comprobar como teñen o documento?. ?O alcalde gasta moita enerxía en organizar viaxes fose e emprega pouco esforzo en organizar e engrasar a maquinaria do concello?.

Foto

Á vista da lentitude coa que o equipo de goberno xestiona o Plan Xeral o portavoz popular cre que o panorama sobre os prazos para a súa aprobación non pinta nada ben: " A próxima semana cun festivo, xa nos vai a situar a mediados de Maio sen ningún avance".

O PP quere deixar claro que desde o principio deste proceso mostrou unha postura de colaboración e a súa vontade para sacar adiante o Plan Xeral.

A inacción do goberno.-

O portavoz do Grupo Municipal advertiu ao alcalde que con actitudes conformistas a cidade non avanza: " Hai que ser máis reivindicativo conn os proxectos de Lugo: cando se presentou o último proxecto na Xunta ou ante Estado?, Que subvencións solicitou en todo este tempo o Alcalde?". A xuízo do portavoz popular pasaron as eleccións e parece que o goberno local está "desaparecido en combate".

Seguimos marcando ao ritmo.-


Para rematar, Joaquín García Díez subliñou como as iniciativas máis importantes continúas saíndo da man do Partido Popular. O portavoz defendeu o traballo do seu grupo "que segue marcando o ritmo da corporación" e nese sentido apuntou que para o próximo pleno volven cubrir a cota de iniciativas con 3 proposicións, 2 rogos e unha pregunta. Hoxe quedaban rexistradas todas as propostas.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo