-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular defenderá no Pleno un paquete de medidas en apoio ao comerciante polo miúdo lucense

24/04/2008

  • Joaquín García Díez reclama que se intensifiquen as inspeccións para acabar coa competencia desleal.
  • Os populares tamén avogan por que se coordinen distintas accións de animación sociocultural coas propias do Centro Comercial.
  • Piden que se habiliten máis aparcadoiros públicos e transporte especial para o recinto histórico.
 

O Grupo Municipal do Partido Popular presentou unha proposición en apoio ao comercio tradicional. A iniciativa xorde froito dunha reunión que os populares mantiveron coa Federación de comercio, na que puideron intercambiar distintas propostas para impulsar este sector. O portavoz municipal, Joaquín García Díez explicou que "as iniciativas foron ben acollidas e completadas polos propios comerciantes".

A proposición que os populares defenderán no próximo Pleno comprende seis actuacións:

1. Practicar as necesarias inspeccións, dentro das súas competencias, co fin de comprobar aspectos como as licenzas de actividade e os horarios de apertura dos establecementos apuntados, así como dirixirse á Xunta de Galicia para que, dentro do seu ámbito competencial, realícense as correspondentes inspeccións en materia laboral, de etiquetaxe, manipulación de alimentos...

2. Impulsar, en cooperación co comercio privado, novas áreas comerciais abertas que faciliten o movemento asociacionista comercial e a xestión de "centros comerciais abertos" en diferentes puntos da cidade, potenciando estes e os xa existentes mediante a organización de variadas actividades lúdicas en rúas e prazas.

3. Revisar, en colaboración coas asociacións comerciais de Lugo, a localización, horarios e funcionamento das áreas de carga e descarga da cidade, para que se axusten ás necesidades reais dos comerciantes así como estudar as necesidades de aparcadoiro de cada unha das zonas buscando a viabilidade de áreas públicas de estacionamento que beneficien a mobilidade dos compradores.

4. Estudar dentro do plan de mobilidade a implantación de liñas de autobuses urbanos para traxectos dentro do casco amurallado. Estes microbuses eléctricos de tamaño reducido, silenciosos e non contaminantes enlazarían co resto das liñas convencionais de transporte nun intercambiador que se podería situar na Rolda da Muralla.

5. Mellorar, en coordinación coas administracións implicadas, e en concreto coa Subdelegación do Goberno, a vixilancia de TODAS as áreas da cidade.

Foto

6. Realizar un estudo de xeración de residuos comerciais, que tome en consideración as áreas comerciais da cidade e as súas necesidades en canto a horarios de recollidas e tipoloxía dos residuos xerados.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo