-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
 
A comisión do rueiro admite catro propostas do Grupo Municipal Popular para designar distintas rúas e prazas da cidade

24/04/2008

 
  • O anterior Bispo de Lugo, Frei José Gómez, o arquitecto Nemesio Cobreros, o xornalista Daniel Hortas e o médico Ulises Romeu terán a súa rúa en Lugo.
  • A única das suxestións do PP que quedou pendente de debate foi a do fundador de Radio Lugo, Ramón Beberide.
  • Esta reunión desenvolveuse despois de que Alicia Pena denunciase que desde fai varios anos non se reunía esta mesa de traballo e que había máis dunha vintena de rúas sen nome.
 

Os representantes da comisión do rueiro que se desenvolveu esta mañá aprobaron algunhas das propostas que presentou o Grupo Popular para designar rúas da cidade e que a día de hoxe carecen de placa identificativa.

1. A praza que hai entre a rúa Mar Cantábrico e Santo Graal estará adicada ao que foi Bispo de Lugo, Frei José Gómez.
2. A rúa que separa o cárcere vello do seminario pasa a denominarse o Cantiño de Nemesio Cobreros. (foi precisamente el, o arquitecto que fixo os proxectos de ambos os edificios).

O Grupo Municipal Popular tamén recuperou propostas dos seus compañeiros de anteriores corporacións e que quedaran sobre a mesa.

Foto

1. Acórdase designar rúas en recordo do xornalista Daniel Hortas e do médico Ulises Romeu. Ambas as rúas estarán situadas cerca do novo hospital.
2. Outra proposta que quedou sobre a mesa para debater na próxima reunión é a de colocar unha placa en homenaxe a Ramón Beberide, fundador da emisora Radio Lugo no ano 1937.

A concelleira do Grupo Popular, Alicia Peña, que participou nesta reunión, foi a encargada de defender este paquete de propostas. Hai que recordar que grazas á presión exercida polos populares, o Concello viuse obrigado a convocar esta mesa de traballo que levaba varios anos sen reunirse.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo