| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia actos vandálicos na Piringalla |
23/04/2008 |
|
| |
-
Pintadas ameazantes, desfeitas en portais, carreiras de coches e trapicheo de drogas son os problemas do día a día neste barrio.
-
Rozas critica que por mor da última reestruturación da policía se abandoase a vixilancia dos barrios da periferia, e advirte que hai outras zonas en similar situación.
|
| |
O Grupo Municipal Popular denuncia que coa última reestruturación da policía local hai zonas da cidade "ás que nunca chega unha patrulla". O barrio da Piringalla é unha desas "zonas opacas" onde os veciños sofren as consecuencias da mala planificación do equipo de Orozco, xa que nos últimos meses foron vítimas de numerosos actos de vandalismo.
Os problemas máis habituais son as desfeitas en portais e fachadas: arríncanse placas identificativas, hai pintadas, algunhas ata retando aos veciños con textos como: "non borres que volvo", problemas para acceder aos garaxes ao non respectarse os vaos...
|
Os veciños da Piringalla presentaron denuncias na policía, pero a día de hoxe seguen esperando a que o Concello tome cartas no asunto: "os problemas cada vez van a máis, polo que temen que do vandalismo pásese ás agresións". |
|
Desde o Grupo Popular, facéndose eco das denuncias dos veciños, e á vista de que o Concello dá a calada por resposta, reclámase que se intensifique a presenza policial no barrio da Piringalla e que se poña freo, dunha vez por todas, a esta situación á que hai que sumar o trapicheo de droga que existe na zona e as carreiras coches.
O concelleiro popular, Enrique Rozas, critica que o equipo de goberno de Orozco, na última reestruturación da policía, acordou unha distribución que dificulta a atención real dos veciños dos barrios da periferia. "En Gándaras, Galegos, Casás, A Cheda, Montirón, Avenida de Madrid? é practicamente nula a presenza policial".
|
|