-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular critica a Basadre por restar importancia ao custo das prazas dos centros de día que se financian co diñeiro de todos

22/04/2008

 
  • Sofía López Linares: "Coincido en que o primeiro é que sexan prazas de calidade, pero é unha irresponsabilidade que o goberno socialista se desentienda á hora de unificar criterios, tanto de horarios e servizos como de custes".
 

A concelleira do Grupo Municipal Popular, Sofía López Linares, quere saber se o Concello fixo todas as xestións posibles para promocionar a concesión de cheques asistenciais, e nese sentido acaba de presentar unha batería de preguntas para a súa contestación por escrito.

1º) É coñecedor o equipo de goberno dos cheques asistenciais para Centros de Día que foron concedidos por parte da Xunta no municipio de Lugo".
2º) Cantos foron concedidos nos anos 2006, 2007 e 2008 ata a data de hoxe".
3º) Cantos usuarios da zona rural do Concello de Lugo beneficiáronse do cheque asistencial"
4º) Cantos usuarios da zona urbana beneficiáronse".
5º) Fixo o equipo de goberno algunha xestión coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia para que conceda cheques asistenciais". En caso afirmativo, En que datas se fixeron as xestións, e en que consistiron as mesmas".

Réplica.-

Noutra orde de cousas, recordar que este luns Sofía López presentará na comisión de Servizos Sociais, que ela preside, unha proposta para unificar a xestión dos centros de día.

Foto

A concelleira popular cre que é moi importante a unificación de xestión dos centros de día en contra dos criterios que recentemente puxo sobre a mesa a concelleira responsable de Servizos Sociais para a cal o único que parece relevante é a calidade a calquera prezo.

A popular Sofía López Linares coincide en que a calidade é fundamental, pero difire das declaracións de Carmen Basadre nas que resta importancia ao custo final do servizo. A edila popular recrimina esta actitude "do todo vale se se paga co diñeiro dos demais. O Partido Popular opina que hai ser exquisito e coidadoso co diñeiro público, tanto ou máis coma se fose noso".

"Aforrando no gasto poderemos ter unha maior oferta. Os recursos son limitados, e se non se gastan apropiadamente poderemos contratar menos servizos", puntualizou Sofía López.

A xuízo de López Linares, outra das incongruencias da concelleira socialista son as desculpas que pon ao ver que o horario é escaso e complétase con "estancias extraoficiais": "Como pode dicir que quedan nos centros fose do horario oficial, de forma extraoficial?".

Xa para rematar a edila popular manifestou a súa satisfacción pola aceptación por parte do equipo de goberno socialista da proposta do Partido Popular en canto ao anuncio de ampliación de horarios e prazas: "Parece que lles gustou a nosa idea, a mágoa é que tarden 9 anos en asumir que é o máis coherente para que o servizo funcione".

Centro do Sacro Corazón.-

Sofía López Linares puxo en cuestión o grao de compromiso do Acalde e a Xunta para construción do ambulatorio do Sacro Corazón. "A de onte foi unha declaración de intencións. Non se vai a facer nada en moito tempo" advertiu. "Un alcalde que é incapaz de executar proxectos comprometidos e con orzamentos, difícil teno cando nos fala dun proxecto que depende dun Plan Xeral que non se aprobou pola súa incapacidade". Linares pide que "déixense de divagaciones e vaguedades e que recuperen o tempo perdido".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo