-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama a Orozco unha reunión co movemento asociativo veciñal para priorizar obras de mellora de barrios e parroquias

21/04/2008

 
  • García Díez anunciou, en Albeiros, que presentará unha iniciativa esixindo que a convocatoria se faga de forma inmediata.
  • Os concelleiros comprobaron in situ o lamentable estado da rúa de "a menta", un dos viarios máis deteriorados deste barrio.
  • Esta petición dos populares responde a un dos compromisos adquiridos a instancias do Partido Popular a cambio de prestar o seu apoio aos orzamentos municipais.
 

O portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez, acompañado polos concelleiros José Manuel Barreiro, Sofía López, e Enrique Rozas, visitou hoxe o barrio de Albeiros co obxecto de coñecer as principais demandas da zona.

García Díez anunciou que presentará un rogo no próximo pleno para que o alcalde convoque, o máis axiña posible, unha mesa de traballo para consensuar, coas asociacións de veciños, un plan de actuación para mellorar os distintos barrios da cidade e do medio rural. "Botamos en falta que Orozco e o seu equipo de goberno cumpran cun dos compromisos adquiridos", puntualizou o portavoz popular, quen indicou que "o alcalde aceptou a petición do grupo popular, consistente en constituír unha mesa con representantes do movemento asociativo e cos grupos políticos para priorizar obras".

Esta petición dos populares responde a un dos compromisos adquiridos a instancias do Partido Popular a cambio de prestar o seu apoio aos orzamentos municipais.

Foto
Precisamente no barrio de Albeiros os concelleiros populares puideron comprobar unha das prioridades que teñen os veciños da zona: o arranxo da rúa da Menta. "A vía está sen beirarrúas, e o firme está cheo de fochas. É terceiromundista. no canto dunha rúa dunha cidade do século XXI parece unha corredoira". O Partido Popular denunciou en varias ocasións o lamentable estado no que se atopa este viario. Os veciños están cansados de que Orozco faga oídos xordos á súa petición.

Outras demandas:

- Un tramo da rúa Fisterra carece de beirarrúas.

- A conexión entre Albeiros e Mazoi a través do camiño do Souto quedou interrompida pola obra da estación de mercancías. Hai leiras que non teñen servizo e os veciños teñen que ir ata Mazoi dando un rodeo de varios quilómetros.
- Entre outras demandas dos veciños de Albeiros figuran máis colectores de lixo, e incrementar os puntos de luz nesta zona.

Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo