-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular lamenta que o Concello tardase seis meses en buscar solucións para a adxudicación de casetas e caldeiros do polbo

18/04/2008

 
  • A concelleira popular recriminou que Orozco e o seu equipo secuestrasen unha petición dos hostaleiros, con data de outubro do pasado ano, en que reclamaban modificacións no procedemento.

O Grupo Popular esperará a analizar o informe que hoxe se encargou aos técnicos municipais para pronunciarse sobre o sistema de adxudicación das casetas e caldeiros do polbo de San Froilán.

Alicia Pena lamentou "a tensión que se produciu esta mañá na reunión cos hostaleiros" e culpou a Orozco e o seu equipo "pola desidia e deixamento coa que abordan este tema, xa que secuestraron, desde o mes de outubro de 2007, un escrito dos hostaleiros no que pedían que analizasen este punto. O que tiñan que facer era polo sobre a mesa no momento de coñecelo", puntualizou a concelleira popular.

Pena tamén destacou que aínda que tarde, a reunión de hoxe foi positiva "xa que as festas están ao virar a esquina e hai que dar unha solución rápida ao conflito".

Foto

Comisión do rueiro.-

Por outra banda, o Grupo Municipal Popular tamén solicitou a través de Alicia Pena, unha reunión urxente da Comisión do Rueiro que quedou aprazada, sen data, a finais do mes de febreiro.

A edila popular considera "lamentable" esta demora: "tivo que ser o grupo popular o que presionou para que se reunise a comisión que levaba sen convocar desde o 29 de marzo de 2004. En febreiro fíxose a reunión na que se acordou que cada grupo e a federación de veciños entregase as súas propostas para designar as rúas sen placa. O Concello convocou en marzo unha segunda reunión que foi suspendida o día anterior e desde entón non sabemos nada".

O Grupo Municipal Popular considera que mes e medio é tempo dabondo para facer unha simple convocatoria. Pena cre que Burgo debería esforzarse para axilizar esta situación.

Alicia Pena insiste en que "unha cousa tan simple como carecer de placa identificativa na rúa onde vives ou tes un negocio, provoca problemas por exemplo o da recepción do correo que é case imposible".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo