| |
O Grupo Municipal Popular pide que se estude o cobro por tempo real de estacionamento en prazas ORA |
15/04/2008 |
|
| |
- Enrique Rozas pediu que na nova ordenanza se contemple eliminar a ORA os sábados pola mañá, e cambiar a sinalización das prazas.
- Os populares pedirán un informe técnico que avalíe o funcionamento actual do servizo.
|
|
O Grupo Municipal do Partido Popular pedirá que a comisión de tráfico estude a viabilidade dun paquete de propostas para incorporar á nova ordenanza do sistema ORA que se está elaborando.
Enrique Rozas detallou tres destas ideas:
|
1. Que se estude o pago por tempo real de estacionamento. Con este sistema o usuario obtén un ticket cando aparca o seu vehículo e ao recollelo devólveselle o diñeiro polo tempo non consumido.
2. Suprimir o sistema ORA os sábados pola mañá, xa que a ocupación é moito menor que a diario.
|
|
3. Renovar o sistema de sinalización das prazas. Proponse que en lugar de marcar os estacionamentos individuais píntese unha liña descontinua na rúa onde estea implantada o sistema ORA. Deste xeito evitaríase que vehículos cunha lonxitude maior que a marcada ocupen dúas prazas e xa que logo racionalizaríase o espazo.
Na actualidade a medida dos estacionamentos do sistema ORA, de 4,30 metros, é escasa para moitos dos modelos que se comercializan. O PXOM en vigor establece que as prazas de aparcadoiro deben ser de 4,50 metros, e no documento que se estuda na actualidade xa se contempla que teñan unha lonxitude de cinco metros.
Co pintado de raia descontinua solucionaríase o problema de delimitar espazos que poden resultar excesivos (co consecuente desperdicio de espazo) ou escasos.
|
Informe técnico.-
Enrique Rozas tamén anunciou que van presentar unha petición, por escrito, solicitando un informe redactado polos técnicos municipais onde se avalía o funcionamento actual do servizo e as propostas para a nova ordenanza do sistema ORA.
Tamén permitiría coñecer os puntos débiles da actual normativa. O concelleiro popular destacou que "de nada serve revisar a ordenanza se logo non hai un control real do seu cumprimento". Rozas preguntou ao responsable de tráfico se "quere cubrir o expediente ou quere que funcione realmente". Por iso é polo que desde o grupo municipal pídase este informe técnico para estudar na próxima comisión de tráfico.
Improvisación.-
Enrique Rozas destacou o tráfico como unha das áreas onde "a improvisación de Orozco e o seu equipo provoca situacións tan surrealistas anunciar a peonalización da rolda da muralla á altura da Porta de San Fernando e Bispo Odoario e logo anunciar que polas rúas onde se vai a desviar todo este tráfico establecerase sistema ORA (Concepción Areal)".
O Grupo Municipal mantén que para facer unha proposta seria debería ter xa un plan de tráfico. Mentres tanto o único que se anuncian son globos sonda.
|