| |
|
|
| |
O Grupo Municipal Popular presenta unha proposición para potenciar a administración electrónica |
14/04/2008 |
|
| |
- García Díez considera que unha web municipal debería ser unha ferramenta para os cidadáns e non un mero escaparate do PSOE
|
|
O GMPP levará a pleno unha iniciativa na que se recollen varias propostas encamiñadas a integrar as novas tecnoloxías, de forma real e non propagandística, no concello de Lugo. O portavoz do GMPP, destacou que a proposta busca dar facilidades aos lucenses para que realicen o maior número de trámites a través de Internet; e que, desta forma, sexan partícipes da actividade municipal.
Tamén se solicita que na web do concello haxa un trato en igualdade de condicionwa para todos os grupos municipais xa que o PP considera que é unha web municipal, de todos e non unicamente do PSOE. |
Joaquín García Díez criticou que o alcalde e o seu equipo de goberno utilicen a web municipal como órgano de propaganda persoal e partidista. O portavoz popular ten claro que a prioridade do seu grupo é conseguir que ?os cidadáns poidan realizar na páxina web cantas máis xestións posibles mellor. Non quero pedir imposibles pero ata a data non se fixo nada". |
|
García Díez puxo como exemplo da nefasta xestión do PSOE un acordo que con data do 3 maio de 2004 adoptouse no pleno municipal. Na iniciativa do PP pedíase unha reunión dunha mesa técnica para decidir que estudos publicar na web. ?Estamos igual que hai catro anos? lamentouse o portavoz municipal ?de nada vale que se aprobe en pleno se logo non fan nada?.
|
O texto da proposición recolle os seguintes puntos:
-
Incorporar progresivamente, e nun prazo máximo de 1 ano á páxina web do Concello de Lugo a posibilidade de realizar todos os trámites administrativos que a lexislación vixente permita levar a cabo mediante este medio.
-
Incluír no prazo máximo de tres meses os textos completos vixentes de todos os pregos dos concursos, actas de Plenos e Xuntas de Goberno, resolucións, bandos, plans urbanísticos, licenzas, protocolos con administracións... Todo o público na web.
-
Aplicar de forma inmediata (pleno ordinario do mes de xuño) a tecnoloxía que permita aos lucenses presenciar en directo e a través de Internet o desenvolvemento dos Plenos Municipais.
-
Recoller, nas noticias da páxina web do Concello de Lugo, todas as iniciativas que adopte o Pleno Municipal.
-
Publicitar, de forma idéntica ao que se fai co ?blog persoal? do señor Orozco, os blogs dos representantes dos partidos da oposición e, así mesmo, incluír na web os puntos de vista da oposición nos temas en que exista discrepancia entre as posturas mantidas polos diferentes grupos políticos.
-
Facilitar aos grupos políticos da oposición, no prazo máximo de 48 horas tras a celebración de cada pleno, unha copia da gravación de vídeo realizada polo Concello en formato dixital, e no prazo que vén sendo habitual, copia dixital das actas de Plenos e Comisións.
|
|