-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular propón a reestruturación do transporte urbano dentro do casco histórico

13/04/2008

 
  • Os populares piden que se desdobren sete liñas nun intercambiador que se podería situar na rolda da muralla.
  • Para estes traxectos polo recinto amurallado propón o uso de microbuses eléctricos, cun tamaño reducido, silenciosos e non contaminantes.
 

O Grupo Municipal Propón propón a creación dun intercambiador, con varias lanzadeiras, na Rolda da Muralla, á altura de Obras Públicas. O obxectivo deste sistema é desdobrar as liñas a 1A (Acea de Olga-Piringalla); L3 (Fingoi-Ramil); L4 (A Tolda-Abella); L6 (Montiron-A Residencia); L7A (As Gándaras - Cemiterio; L8 (O Carqueixo- os caraveis) e a L9-A (Ou ceao-San Roque) para realizar o traxecto dentro do casco histórico con microbuses.

A idea é que só entren dentro de murallas estes vehículos de tamaño reducido, silenciosos e que non contaminan. Deste xeito os autobuses convencionais continuarían o itinerario pola rolda da muralla cara aos seus destinos, mellorando as frecuencias actuais.
Foto

Foto

O intercambiador da rolda da muralla serviría de lanzadeira conectando estas sete liñas de autobús convencional cunha liña de microbuses que circularían unicamente polo recinto histórico. O custo sería nulo para os viaxeiros xa que empregarían o mesmo billete.

A frecuencia estimada destes microbuses sería cada 5 minutos, con posibilidade de acurtar o horario. Para conseguir este intervalo de tempo sería suficiente contar con 3 microbuses xa que o itinerario polo casco histórico tería unha duración de aproximadamente 15 minutos.

Rozas expón que ademais das paradas na praza, mercado e en Santo Domingo permítase o acceso dos microbuses ata á Praza Maior ou ata o Edificio Administrativo do Seminario.

Esta proposta do Grupo Municipal Popular formaba parte dun paquete de medidas "Lugo en circulación" do programa que presentou o PP na campaña electoral

Enrique Rozas puxo de manifesto "que esta proposta contribuirá a potenciar o pequeno comercio, xa que se darían facilidades aos que acoden ao casco histórico. Na actualidade os aparcadoiros son insuficientes e coa supresión de liñas que pretende Orozco e o seu equipo de goberno prexudícase claramente a este sector."

Novas Tecnoloxías.-

Outra idea que Enrique Rozas defende ten que ver coa incorporación das novas tecnoloxías. Os populares piden que se axilice a implantación un sistema de información dixitalizado que informe aos usuarios do tempo tanto de espera en parada, como dentro dos vehículos para saber canto falta para chegar a destino.


Con respecto ao anuncio de Rábade de eliminar o traxecto polo recinto histórico da L9-A o edil popular coincide coas reivindicacións das asociacións de comerciantes e industriais do centro: "A política de reducir un servizo para ampliar outro non ten sentido". Pódese reorganizar o transporte público atendendo todas as necesidades sen excluír a ningunha zona da cidade.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo