-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia o abandono da pista de patinaxe do Parque de Rosalía

11/04/2008

 
  • A chaira utilízase como aparcadoiro gratuíto ou para a celebración de botellóns.
  • A pista que se inaugurou fai tres anos conta cun pavimento especial que custou case 230.000 euros.
  • En sete meses foron incapaces de repor a varanda que delimita esta instalación deportiva.
 

A chaira da pista de patinaxe que o Concello fixo "co diñeiro de todos" nos bancales do Parque de Rosalía están servindo estes días de aparcadoiro gratuíto.

Esta non é a primeira vez que se denuncia, desde o Grupo Municipal Popular, que a causa do "pasotismo do equipo de goberno" os coches estacionan sobre este pavimento especial, específíco para patinadores, que custou 228.770 euros.

Para o concelleiro popular, Enrique Rozas, este é outro caso no que se aprecia unha clara falta de control no mantemento dunha instalación pública. "Cando non hai coches aparcados, hai cristais rotos. Salta á vista a falta de xestión do Concello. Se non hai un seguimento mínimo facer esta obra foi tirar o diñeiro".
Foto

Foto

Rozas critica que a varanda que delimita este espazo e que se quitou en outubro para colocar os postos de San Froilán, a día de hoxe segue sen reporse: sete meses de incapacidade. "Esta é a velocidade de cruceiro que prometen os socialistas para resolver as cousas do día a día?".
Nese sentido o concelleiro popular, Enrique Rozas, pediu a Orozco e o seu equipo de goberno que adopte as medidas necesarias para conservar en boas condicións a pista de patinaxe.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo