| |
O Grupo Municipal Popular reclama que non se suprima a liña de autobús A-9 que vai ao centro |
10/04/2008 |
|
| |
|
| |
O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Enrique Rozas, valorou positivamente a reunión da comisión de tráfico que se celebrou esta mañá xa que "permite consensuar os problemas do día a día e anticipar solucións aos derivados do caos de tráfico".
Dos asuntos tratados, aclarar que o Grupo Municipal do Partido Popular condicionou a materialización das propostas relativas á peonalización da rúa San Marcos. "O lóxico é esperar ao desenvolvemento do Plan Urban para ver como queda a zona. Parece razoable polo en corentena e condicionalo ás directrices e estudos que marque este programa europeo se finalmente conséguese".
|
Respecto dos cambios do sistema ORA o Grupo Municipal Popular opina que de pouco vale revisar ordenanzas e contratos dun servizo que, na actualidade, carece dun control real. Enrique Rozas considera que "tal e como está funcionando a ORA incúmprese a filosofía deste sistema: facilitar o maior número de prazas de estacionamento e estas roten". |
|
Apoio á liña L9-A
O Grupo Municipal do Partido Popular pediu esta mañá na comisión de tráfico a Orozco e o seu goberno que non supriman a liña de bus que vai ao centro. Enrique Rozas puxo de manifesto o seu desacordo coa decisión que adoptou o PSOE e propuxo que se manteña o traxecto da liña L9-A para dar servizo a todos os cidadáns que queiran acceder ao casco histórico en bus.
O edil popular coincide coas reivindicacións das asociacións de comerciantes e industriais do centro, xa que "a política de reducir un servizo para ampliar outro non ten sentido". Ante o argumento que utiliza o equipo de goberno de que a liña en cuestión non é rendible, Rozas recrimina ao señor Rábade por non aplicar, neste caso, a súa propia receita de que "hai que asumir servizos públicos deficitarios. Hai que ser consecuentes. Non é de recibo que o argumento que vale para unha cousa non sirva para outra". O edil popular referíase ás últimas declaracións do señor Rábade nas que dixo que asumía o servizo de guindastre a pesar das perdas millonarias que ten.
|