| |
O Grupo Municipal Popular pide que o Concello amplíe as prazas de centros de día e que unifique os criterios de xestión |
09/04/2008 |
|
| |
-
Sofía López Linares proporá na próxima Comisión de Benestar, que se fixen uns criterios homoxéneos na oferta dos convenios coas empresas privadas que cobren o servizo.
-
O número de solicitudes para ocupar centros de día na cidade disparouse nos dous últimos anos. Hoxe hai 64 persoas en lista de espera.
|
| |
A concelleira do Grupo Municipal Popular, Sofía López Linares, anunciou que presentará unha proposta para incluír na orde do día da comisión permanente ordinaria de Muller e Benestar Social, co obxecto de que se fixen uns criterios básicos exixibles para incorporar nos próximos contratos coas empresas colaboradoras que ofrecen prazas de día concertadas.
|
A edila popular reclama que eses mesmos parámetros cúmpraos o Centro día municipal Antonio Gandoy, xa que está xestionado tamén por empresas privadas. |
|
Para o Grupo Municipal Popular é importante que se unifiquen os criterios de xestión dos centros de día. Sofía López explicou que "sería conveniente a homogeneización dos horarios de estancia e das súas prestacións". A edila popular considera que un servizo público "pagado por todos os lucenses" deben ofertar as mesmas prestacións e nas mesmas condicións. "Non é xusto que a un usuario déanlle praza nun centro con menores prestacións que noutros".
Á vista de que nos próximos meses revisaranse algúns dos contratos con empresas colaboradoras, é un bo momento para aplicar estes cambios. Dado que os contratos que asinou o Concello teñen unha vixencia de dous anos, con prórroga doutros dous, a edila popular reclama que os que se revisen xa incorporen nas bases estes novos criterios. Como exemplo as primeiras prazas que se poden revisar serían as 10 prazas de Abrite que vencen o 7 de xullo.
Demanda insatisfeita.-
Logo de comprobar que a demanda deste servizo disparouse nos últimos anos, e que a tendencia é que continúe aumentando, a concelleira popular propón que se aumente o número de prazas en centros de día. "Debería ser unha prioridade de Orozco e o seu equipo", puntualizou Sofía López.
A día de hoxe hai 64 solicitudes en lista de espera. Nos últimos dez anos o número de peticións pasou de 26 en todo o ano ás 24 rexistradas nos tres primeiros meses deste ano.
A concelleira presenta esta proposta de incremento de prazas xa que todo apunta a que é imposible que o futuro centro de día de Fontiñas estea operativo este ano; "aínda que se terminen as obras a súa posta en funcionamento tardará".
|