-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular critica que só se respectase un 20% das propostas que presentaron para mellorar o PXOM

07/04/2008

 
  • Séguese afectando a centos de edificios da cidade, que quedarían fóra de ordenación co grave prexuízo que iso leva.
 

O concelleiro do Grupo Municipal Popular, Jaime Castiñeira Broz, reiterou hoxe en rolda de prensa o malestar do Partido Popular ante a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que segue sen avances significativos.

Para Castiñeira, a actitude do señor Liñares transmite unha sensación de deixamento, totalmente coherente co seu próximo abandono do cargo. A xuízo do edil popular "é o alcalde o único responsable deste desaguisado, xa que o concelleiro que actualmente o xestiona, en breve, abandonará o seu cargo. Polas súas últimas declaracións salta á vista que non ten gran interese neste tema". Referíase Castiñeira ás manifestacións nas que Liñares lle puxo un notable alto ao documento urbanístico, "hoxe daralle sobresaliente" puntualizou con ironía.

Tras case 10 anos de goberno socialista, en que ata gozaron de maioría absoluta para facer e desfacer o que lles parecese oportuno, ao Grupo Municipal Popular non lle parece lóxico "que agora se intente culpar á oposición dunha situación de deixamento e desgoberno".

Foto

Na reunión de hoxe o Grupo Popular volveu detectar que gran parte das decisións acordadas por unanimidade en reunións anteriores foron totalmente ignoradas "só respectaron ao redor dun 20% das propostas que puxemos sobre a mesa", lamentou Jaime Castiñeira.

O documento segue mantendo graves defectos que supón a afectación de gran parte das edificacións da cidade. A modo de exemplo, o concelleiro popular citou os seguintes casos:

  • Mantense a redución da pendente dos tellados dos áticos a un 35%, sen que se estableza unha excepción aos xa existentes. Con isto, déixase fóra de ordenación a todos os áticos construídos con anterioridade. É importante resaltar que o que queda fóra de ordenación non é unicamente o ático senón o edificio enteiro.
  • Prohíbense as entreplantas, quedando as actuais fóra de ordenación.
  • Só en aproximadamente un 15% dos casos, respectouse o acordo de deixar na medida do posible os barrios fóra de polígonos. Ao non haberse realizado este cambio, os propietarios ven moi minguadas as súas posibilidades urbanísticas.

Hai moitos máis exemplos, pero estes son os máis significativos. Co plan proposto pódense producir situacións moi grotescas, e Jaime Castiñeira puxo un exemplo que deixou moi claro o problema:

Se un lucense ten unha leira de 1000 metros cadrados, que mida 20 metros de fachada e 50 de fondo, veríase na absurda obrigación de reducir a fachada a 2 metros, co que faría un edificio en forma de autobús.

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo