-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
PSOE e BNG apoian a petición do Partido Popular para reunirse e buscar unha solución consensuada cos afectados pola poxa das casetas do polbo

03/04/2008

 
  • Os populares reclaman que antes de adoptar unha decisión se obteña asesoramento xurídico e económico para clarificar as consecuencias da proposta dos hostaleiros.
  • Peña confía en que, tal e como se comprometeu Concepción Burgo, o Goberno local presente de inmediato o prego de condicións para a compra de casetas de venda ambulante.
 

PSOE e BNG aceptaron hoxe a proposta do Partido Popular para convocar unha reunión cos implicados na poxa dos caldeiros e casetas co obxecto de analizar posibles cambios na poxa.

A xuízo da concelleira do Grupo Popular, Alicia Peña, hai que buscar un consenso non só político, senón tamén social, para evitar que se produza un plantón como o protagonizado polos barraquistas fai dous anos. A reunión que solicitou o PP quedou convocada para o vindeiro xoves ás 12:30 horas.

Alicia Peña tamén puxo de manifesto a súa preocupación sobre como pode influír no financiamento das festas do San Froilán a modificación das bases da poxa dos caldeiros e casetas, e nese sentido solicitou asesoramento xurídico e económico. "A decisión que adoptemos non se pode tomar ser por capricho político, xa que pode ter consecuencias inmediatas na recadación".

Casetas vendedoras ambulantes.-

A concelleira popular, Alicia Peña, tamén se interesou pola petición que cursou o seu grupo para adquirir ou alugar casetas para os vendedores ambulantes que acudan ao San Froilán deste ano.
Foto

O Grupo Popular está á espera de recibir o prego de condicións que comprometeu a responsable do PSOE. "A estas alturas estase a tempo de traballar cunha maior planificación sen deixar todo para os últimos días".

Alicia Peña recordou que a compra de casetas para utilizar, non só nos festexos patronais, senón noutros eventos que celebre o Concello, era unha das condicións que figuraban no documento acordado para que o Partido Popular dese o apoio puntual aos orzamentos de 2008.

Peña confía en que nesta edición do San Froilán, Concepción Burgo teña a cortesía suficiente como para informar na comisión de festas dos actos contratados para que "non teñamos que decatarnos, como sempre, pola prensa do programa".

   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo