-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama o arranxo do acceso de Calde e pide que este tramo pase a titularidade municipal

03/04/2008

 
  • O tramo, dun quilómetro, da antiga estrada a Santiago forma parte do mapa de estradas nacionais.
  • Co cambio de titularidade reduciríanse as distancias para construír vivendas ou peches de leiras.
 

O Grupo Municipal Popular defenderá un rogo no pleno do luns, no que se insta ao equipo de goberno a que fagan as xestións necesarias ante o Ministerio de Fomento para o arranxo dun tramo da antiga estrada de Santiago ao seu paso pola parroquia de Calde.

Unha vez que leven a cabo estes arranxos os populares reclaman que o tramo de vía pase a ser de titularidade municipal.

O concelleiro encargado da zona rural, Manuel López, detallou en que consistirían os arranxos. Ademais de arranxar as marxes da estrada, pondo árbores e mobiliario urbano, apuntou a posibilidade de estudar o facer beirarrúas.
Foto
Foto
Con este tratamento os veciños de Calde disporían dunha zona de paseo cerca do núcleo.
   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo