-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O desinterese do Alcalde pola participación cidadá fai que só un de cinco departamentos requiridos pola Comisión de reclamacións e suxestións preséntese cando son convocados

03/04/2008

 
  • A concelleira do Grupo Municipal Popular, Cristina Ares, critica a falta de interese de Orozco e o seu equipo á hora de resolver os expedientes que figuran na Comisión de Reclamacións e suxestións.
 

A edila popular mostrou o seu malestar tras o plantón desta mañá, na reunión que estaba convocada para ás nove e á cal tan só asistiu un dos representantes, o do gabinete de tráfico, dos cinco departamentos requiridos.

Para Cristina Ares é lamentable o sucedido: "Os concelleiros se desentienden sen ningún pudor, de que os seus respectivos departamentos non respondan ás distintas reclamacións formuladas. Trátase dunha nova proba de que os concelleiros socialistas non se preocupan nin o máis mínimo por garantir os dereitos dos cidadáns".

   
Para Ares é inadmisible o feito de que se menoscaben uns dereitos recoñecidos polo regulamento: "Unha Comisión como a de Reclamacións e suxestións debería ter un funcionamento exemplar e non cachondearse dos cidadáns".
Foto
 

De non modificarse a actitude do equipo de goberno Ares anunciou que se pedirán responsabilidades.

Comisión Reclamacións e Suxestións.-

As reclamacións e suxestións que queiran formular os veciños de Lugo deben dirixirse á Oficina de Información e Atención ao cidadán, tanto no rexistro municipal como a través da web.

Este organismo, amparado pola lei de grandes cidades, presentouse como unha innovación importante neste tipo de procedementos xa que agora a unidade municipal correspondente está obrigada a estudar a queixa ou suxestión e a adoptar unha solución ao respecto. O interesado ou interesada recibirá unha resposta no prazo de tres meses desde a data de rexistro.

A Comisión especial de Suxestións e Reclamacións poderá requirir a comparecencia dos responsables da unidade municipal afectada.

Igualmente, no seu informe anual, do que dará conta ao Pleno, poderá formular recomendacións xerais para a mellora dos servizos públicos e a atención ao cidadán.

Obviamente, o papel desta Comisión é importante para garantir o correcto funcionamento do servizo, e se os concelleiros do Grupo de Goberno se desentienden da mesma, o seu labor de seguimento e inspección é imposible.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo