-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular ve imposible que o PGOM se aprobe o 16 de abril

02/04/2008

 
  • Castiñeira cre que Orozco e o seu equipo estalle tomando o pelo aos lucenses incumprindo, unha vez máis, a palabra dada.
  • O goberno municipal expón que se analice o PGOM "a pedazos". Na primeira entrega unicamente está previsto que se acheguen algúns planos.
 

O Grupo Municipal Popular critica que Orozco e o seu equipo , unha vez máis, fosen incapaces de cumprir coa palabra dada.

O máis triste desta situación é, aínda que a ninguén lle sorprende, o desprezo e a falta de respecto do PSOE aos cidadáns. Logo de nove anos de atrasos seguen sen saber a resposta das máis de 6.500 alegacións presentadas polos cidadáns lucenses.

O Grupo Municipal Popular ve imposible que o Plan Xeral poida ser aprobado no pleno previsto para o 16 de abril. Jaime Castiñeira explica que non hai tempo suficiente para que se emitan os informes dos técnicos municipais antes desta data.

Castiñeira lamenta que non chegase ningunha documentación ás oficinas municipais e que, tal e como manifestou o señor Liñares, o documento urbanístico váiase a enviar fraccionado. "A primeira entrega que se nos anuncia é a dos planos de xestión e de ordenación. Nin normativa, nin memoria, nin o resto dos planos, nin memoria de modificacións que se fixeron, nin información das alegacións?".
Foto
Foto
Para o edil popular o que está sucedendo é clara unha tomadura de pelo: "dan unhas datas para saír do paso a propósito de que non serán capaces de cumprir".

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo