| |
García Díez pon en dúbida o apoio do seu grupo ao PGOM: "A avanzada que se nos presentou hoxe impide unha análise exhaustiva" |
02/04/2008 |
|
| |
|
| |
Os populares, Joaquín García Díez e Jaime Castiñeira denunciaron, esta mañá en rolda de prensa, que tan só se lles facilitou pouco máis dun 10% da documentación do Plan Xeral e que "deste xeito é imposible traballar".
Á falta de documentación hai que sumar a ausencia dunha metodoloxía de traballo: " É terceiro mundista carecer a estas alturas dun mínimo guión, xa que nin tan sequera temos unha memoria das modificacións para consultar". Outro tema que preocupa é a ausencia de informes xurídicos que garantan que non é necesaria unha nova exposición ao público.
|
Para os populares a reunión desta mañá confirma o "desgoberno" que hai no equipo socialista. Primeiro, a forma de convocar: "Fíxose daquel xeito, a última hora e por teléfono". Logo presentan unha documentación incompleta. E en terceiro lugar, nun primeiro repaso, o PSOE incumpriu o compromiso de incluír as propostas que realizou o Grupo Popular sen dar unha explicación convincente de porqué non aparecen. |
|
|
Ausencia do alcalde.-
O portavoz do Grupo Popular, García Díez lamenta a ausencia do alcalde nun tema tan importante para Lugo, e que leva dez anos en carteira: "Parece que a Orozco lle parece máis prioritario viaxar ao Caribe, e dentro duns días a China".
|
| |
Joaquín García Díez: "A día de hoxe non podo dicir que o Equipo de Goberno logre garantir o apoio do Grupo Popular, xa que unicamente preséntallenos unha "avanzada" do documento. O que si se pode confirmar xa é que a documentación que hai é insuficiente. Temos todas as papeletas para que o día 16 non se poida celebrar o pleno".
García Díez indicou que a data que propuxo o PP para celebrar a sesión non era por capricho, senón que se fixaba para evitar que lle afectase a entrada en vigor do decreto Hábitat da Xunta de Galicia.
|