O Grupo Municipal do PP solicita a posta en marcha dos distintos Consellos Consultivos que existen no Concello e que non se reúnen coa periodicidade debida. A concelleira popular reclama a súa convocatoria inmediata xa que considera que "estes órganos poden contribuír a un óptimo desenvolvemento da democracia participativa na actividade municipal lucense".
Para a edila popular, Cristina Ares, é necesario que o equipo de goberno modifique a súa actitude "O PSOE demostrou durante oito anos a súa reticencia a convocar os consellos consultivos". |
1) Desde o primeiro de xuño de 2001, en que datas celebráronse sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, do Consello Local de Consumo?
2) Desde o primeiro de xuño de 2001, en que datas celebráronse sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, do Consello Local de Cultura?
3) Cal é a periodicidade establecida polo Consello Municipal de Deportes para a convocatoria das súas sesións ordinarias?
4) Desde o primeiro de xuño de 2001, en que datas celebráronse sesións, tanto ordinarias como extraordinarias, do Consello Local de Deportes?
|