A concelleira do Grupo Municipal Popular, Teresa Taboada, defenderá no Pleno do luns unha proposición encamiñada a dirixirse ao goberno central para que antes de finalizar a obra da nova planta de abastecemento de auga potable de Ombreiro, se estuden os tratamentos de materiais, cores, cerramentos e vexetación a utilizar, nos edificios situados á beira do Miño de face a conseguir que o impacto ambiental e paisaxístico sobre a contorna natural sexa mínimo. |