-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular reclama un pavimento novo nas zonas de xogos do parque das Illas de Montirón

29/03/2008

 
  • Os populares tamén solicitaron maior vixilancia para evitar carreiras de coches.
 

O Grupo Municipal Popular chama a atención sobre o mal estado en que se atopa o parque das Illas de Montirón e pide ao Concello que se acometan os avances para que nesta primavera os que residen na zona poidan gozar deste espazo en excelentes condicións.

Unha das principais queixas dos veciños é a do mal estado do pavimento desta zona de esparexemento, en especial na zona de xogos infantís, e da escaseza de papeleiras.
Foto

Tamén reclaman que se repoñan os 10 árbores que o Concello retirou porque secaron.

A esta petición hai que sumar unha noticia que preocupa no barrio: trátase das carreiras de coches que se están rexistrando durante as noites do fin de semana. Nunha das últimas un dos automobilistas levou por diante un colector, esnaquizándoo. Por iso é polo que desde o Grupo Popular reclamen unha maior vixilancia policial para evitar que se repitan estes episodios.

Foto
Foto
   
Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo