| |
O Grupo Municipal Popular reclama participación na redacción da ordenanza de mercados e pide que se axilice a adxudicación dos postos da praza de Quiroga Ballesteros |
14/03/2008 |
|
| |
|
| |
A concelleira do Partido Popular, Cristina Ares, mostrou a súa satisfacción ante o cambio de actitude do equipo de goberno respecto da potenciación da Praza de Abastos. Ares afirma que tiveron que pasar tres meses para que o equipo de Orozco deuse conta de que as medidas que o Partido Popular propuxo no pleno de novembro eran válidas para animar comercialmente tanto o mercado como a praza de abastos.
"O PSOE dixo que eramos pouco orixinais, pero agora traballan na mesma liña que nós lle expomos". Cristina Ares referíase ao anuncio que fixo a concelleira responsable de Servizos Xerais tras a reunión da mesa local de comercio.
|
A concelleira popular presentaba esta mañá unha nova proposición relacionada coa actividade do Mercado Quiroga Ballesteros. Cristina Ares avanzou que solicitarán un pronunciamiento no pleno reclamando: |
|
- Que o goberno municipal efectúe a adxudicación definitiva dos postos fixos do Mercado de Quiroga Ballesteros nun período non superior a tres meses.
- Que o goberno municipal garanta que a revisión da Ordenanza Xeral Municipal Reguladora de Mercados Municipais de Abastos efectúese finalmente de forma transparente e tendo en conta as achegas dos Grupos Municipais da oposición así como de todos os colectivos afectados.
|
|
A concelleira popular subliñou como a adxudicación dos postos fixos interiores e exteriores do Mercado de Quiroga Ballesteros é unha materia pendente do Concello de Lugo desde que fose iniciada na época do goberno do Partido Popular. |
Nove anos despois, o atraso acumulado na adxudicación definitiva dos postos é inxustificable e está causando graves prexuízos aos comerciantes, principalmente, nos casos sobrevindos de falecemento, xubilación ou invalidez do virtual adxudicatario.
A concelleira popular tamén se queixou da forma na que se está traballando na revisión do contido da Ordenanza Xeral Municipal Reguladora de Mercados Municipais de Abastos, prescindindo das achegas do resto dos Grupos Municipais e do tecido asociativo do sector.
"A forma de traballar do goberno socialista dista moito da que levou a cabo no momento da elaboración da Ordenanza Xeral hoxe en vigor".
|