-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide que se recupere un programa escolar de recollida de pilas usadas que a Administración abandonou hai dous anos

12/03/2008

 
  • Alicia Peña propón que o Concello poña en práctica un concurso, no que se premie con material didáctico e vales para viaxes, aos colexios que consigan mellores resultados.
 

A concelleira do Grupo Municipal Popular, Alicia Peña, solicita ao Concello que convoque un concurso dirixido aos escolares para fomentar a recollida selectiva de pilas.

Peña explica que o bipartito abandonou fai dous anos as campañas específicas para centros escolares de promoción deste hábito. A edila popular recordou que no ano 2003 a Consellería de Medio Ambiente, gobernada polo Partido Popular, convocou un concurso dirixido a todos os centros docentes de ensinos non universitarios para recoller pilas usadas, unha iniciativa que lamentablemente deixaron aparcada co cambio de goberno.

Ante esta situación, e aproveitando os colectores de pilas que se colocaron no seu día, e que aínda se conservan, na práctica totalidade dos centros educativos de Lugo, o Grupo Municipal Popular solicita que o goberno municipal involúcrese e potencie, entre os máis novos, o respecto ao medio ambiente e máis concretamente a reciclaxe de pilas usadas
Foto
Foto
Alicia Peña propón que se poña en práctica un concurso específico coma se tratásese dunha actividade máis nos colexios da cidade "premiando a aqueles que acrediten alcanzar a maior cantidade de pilas usadas recollidas".

Este concurso municipal non ten porqué supor un gasto importante para as arcas municipais xa que "os premios poden ser en material didáctico ou en vales para viaxes culturais".

A xuízo da edila popular, Alicia Peña, é unha mágoa que se deixe morrer unha iniciativa, moi educativa para os nosos mozos, que xa estaba implantada e que funcionaba ben.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo