-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Máis de 600 firmas para pedir, de novo, beirarrúas para unha rúa

29/02/2008

 
  • Sofía López e Teresa Taboada acudiron á chamada dos veciños para denunciar o estado da rúa Rof Codina.
  • Ademais dos veciños desta rúa ven afectados os do barrio de Montirón, que cruzan por esta vía para chegar a Fontiñas.
  • Máis de 600 firmas avalan a preocupación dos veciños, que poñen a súa vida en perigo cada vez que cruzan Rof Codina.
 

As concelleiras, Sofía López Linares e Teresa Taboada Candal entrevistáronse esta mañá con veciños da rúa Rof Codina de Lugo e comprobaron os problemas que hai nesta vía. Os veciños recolleron máis de 600 firmas denunciando esta situación.

En primeiro lugar quéixanse da inexistencia de beirarrúas na devandita rúa, co perigo que isto supón para os viandantes. Hai que sinalar que na rúa Rof Codina hai unha gardería e un centro de asistencia a maiores, que fan que a situación revista maior gravidade se cabe. Outro problema importante é que por devandita rúa, atravesan camións de obras continuamente, o cal fai máis perigoso o camiño pola calzada.

Nas fotografías pódese comprobar que ao permitirse aparcar aos vehículos, e a inexistencia de beirarrúas, obrígase ao peón a baixar á calzada e cruzar polo medio e medio da rúa un tramo bastante amplo de rúa. A escasa iluminación da vía tampouco axuda á seguridade.

Tamén podemos comprobar a falta de limpeza e a acumulación de lixo que hai nos bordos da rúa e leiras lindeiras.

O Grupo Municipal Popular levará este tema ao próximo pleno do día 3 de marzo.

   

foto

foto
   
foto
foto
   
foto
foto
   
foto
foto
foto
foto
   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo