-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Partido Popular condena a agresión contra un autobús da Asociciación Galicia Bilingüe, que tivo lugar esta noite en Lugo

27/02/2008

 

O Partido Popular expresou a súa máis absoluta condena aos actos vándalicos contra un autobús da Asocición Galicia Bilingüe que tiveron lugar esta noite na cidade de Lugo.

O Presidente Provincial do PP, José Manuel Barreiro, considera que esta actuación "contra a liberdade ideolóxica e democrática pon de manifesto a intolerancia de grupos reducidos e illados de persoas".

Barreiro considera que actos como o ocorrido esta noite afianzan se cabe máis aínda o traballo dos demócratas que "temos que insistir e seguir traballando para evitar que se repitan estas accións".

Barreiro puntualizou que "a lingua debe ser un elemento de comunicación e de unión e non de separación".

Pola súa banda, o portavoz do Grupo Municipal Popular, Joaquín García Díez lamentou que Lugo se some aos escenarios do vandalismo e da intolerancia "hai que condenar sen titubeos e demoras este tipo de actitudes", engadiu.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo