| |
O Grupo Municipal Popular defenderá no pleno unha proposición para mellorar os servizos ferroviarios de Lugo |
27/02/2008 |
|
| |
- Concelleiros do grupo popular fixeron unha viaxe nun tren rexional para presentar esta iniciativa.
|
| |
Un vagón do tren rexional que fai o traxecto A Coruña-Lugo foi o escenario da rolda de prensa do portavoz do Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo. Joaquín García Díez xunto a varios concelleiros do seu grupo explicou que no pleno do próximo luns defenderá unha proposta encamiñada a potenciar os trens de proximidade e para que se poña en marcha un servizo diario diúrno a Madrid, en ambos os sentidos, como existiu no pasado.
García Díez subliñou que o que se pide é que se incrementen progresivamente as frecuencias dos trens Lugo-Monforte e Lugo A Coruña. " Non pedimos milagres da noite para a mañá pero queremos conseguir como mínimo as mesmas frecuencias que teñen os autobuses de liña. Cos servizos que hai estamos obrigando aos lucenses a que utilicen o seu vehículo particular ou que viaxen necesariamente en autobús".
|
O portavoz do Grupo Popular recordou como no debate dos orzamentos do Estado para este ano o PP pediu 9 millóns de euros para mellorar estes servizos ferroviarios. O BNG e o PSOE votáronas en contra en Madrid. "Se teñen a sensibilidade e a preocupación que din ter Orozco e Paz Abraira, seguro que o luns votarán a favor da nosa proposta". |
|
|
Nesa mesma liña, José Manuel Barreiro, acusou ao PSOE de hipocrisía política: "din unha cousa en Lugo e votan en Madrid outra distinta". |
"Con esta viaxe queremos simbolizar cal é a situación das infraestruturas de comunicación de ferrocarril nesta provincia. O PP non renuncia á alta velocidade, pero tal e como van as cousas Lugo vai ser a única capital de provincia que nun horizonte razoable non vai ter AVE", subliñou Barreiro. |