| |
|
|
| |
Máis visitas de Conselleiros para a campaña do PSOE en Lugo |
21/02/2008 |
|
| |
-
Ante a falta de obras que inaugurar, o PSOE asina convenios, inspecciona solares baleiros e organiza visitas guiadas a obras herdadas do Partido Popular, coma o novo hospital.
|
| |
A Conselleira de Pesca acudiu esta mañá a asinar un protocolo co Alcalde de Lugo para promocionar o consumo de peixes frescos.
García Díez relacionou esta visita coa necesidade que o PSOE ten de traer a Lugo a diferentes persoas para a campaña electoral. "O seu problema é que non teñen nada que inaugurar, polo que se dedican a visitar solares con maleza recentemente cortada, a asinar papeis de dubidoso cumprimento (como os 15.000 postos de traballo do CETAL e tantas outras promesas polas que seguimos esperando), ou a facer visitas guiadas a obras e proxectos cuxa autoría é do Partido Popular, como o novo hospital".
|
Para rematar, a García Díez, pola súa experiencia no tema da pesca (nesta lexislatura que acaba de terminar era o portavoz de pesca do Partido Popular no Congreso), chamoulle a atención que a Conselleira do ramo veña ao interior en lugar de resolver os graves problemas que sofre o sector en Celeiro ou Burela. |
|
| |
|
Tamén fixo un chamamento a que o convenio que hoxe se asina inclúa unha promoción específica do bonito e a pescada, cuxas capturas permiten que moitas familias da costa de Lugo cheguen a fin de mes. |
|