-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
García Díez alerta sobre o uso partidista do rueiro

21/02/2008

 
  • Cualifica de inaceptable a proposta do PSOE de levar ao rueiro unha praza "da memoria histórica".
  • O portavoz do Grupo Municipal Popular lamenta que tras catro anos esperando por elas, as propostas do alcalde teñan máis intencionalidade electoral que de honrar a lucenses ilustres.
 

"Lamentable". Ese foi o adxectivo co que Joaquín García Díez definiu que, aproximadamente catro anos logo de atrasar continuamente este tema, a comisión do rueiro tívose que suspender novamente por haberse detectado erros tan graves como, por exemplo, que en lugar dunha praza á que se ía a pór nome, edificarase unha igrexa. Esta suspensión leva, loxicamente, que non se adoptou ningún acordo ao non entrarse no fondo do asunto.

Por outra banda, o portavoz do Grupo Municipal Popular considerou "desafortunada" a proposta do equipo de goberno de denominar, precisamente a esa praza, co nome de "praza da memoria histórica".

O dirixente popular afirmou que a súa agrupación non apoiará "un nome que procede dun proxecto de lei do PSOE que non alcanzou o consenso necesario". Non ten ningún sentido vincular os temas políticos aos nomes das rúas. "Por esa regra de tres nós poderiamos propor a rúa do Plan Galicia".

Foto
   

García Díez considerou significativo que a comisión convocásese hoxe, cando esta noite comeza a campaña das Eleccións Xerais, e cre que a proposta socialista obedece á "estratexia de tensión e dramatismo que determinados personaxes públicos están pedindo para a campaña que esta noite comeza".

O portavoz do PP afirmou que o Grupo Municipal Popular non vai entrar a debater esta proposta, senón que a rexeitará de plano, xa que "só contribúe a tensionar a vida pública desta cidade, que é ata o momento bastante tranquila".

Por outra banda, esta proposta tamén choca coas directrices que actualmente se seguen para dar nomes a rúas e prazas, que en primeiro lugar recollen os nomes vinculados xeográfica, histórica ou tradicionalmente ao barrio onde estea situada a rúa ou praza, e en segundo os de persoas falecidas relevantes.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo