-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Rita Barberá conquista aos lucenses coa súa irresistible simpatía

19/02/2008

 
  • A alcaldesa de Valencia e os candidatos ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo visitaron a praza de abastos e repartiron dípticos con propostas para mellorar a economía familiar.
  • No acto sectorial celebrado no Méndez Núñez con mulleres e asociacións, Rita Barberá subliñou que o PP fará unha política fiscal que favoreza ás pemes, aos autónomos e aos que teñen menos ingresos.
  • O Partido Popular cualifica a política de igualdade do Goberno de ZP de demagóxica
 

A alcaldesa de Valencia, Rita Barberá, participou esta maña nunha reunión de traballo con representantes de distintos colectivos da cidade de Lugo. Antes de celebrar esta sectorial tivo oportunidade de dar un paseo polo casco histórico acompañada, entre outros, polo Presidente Provincial e candidato ao Senado, José Manuel Barreiro e o cabeza de lista ao Congreso, Joaquín García Díez.

Os populares achegáronse á Praza de Abastos e alí referíronse á incapacidade de Zapatero para conter a subida da cesta da compra. "Os prezos están polas nubes e as familias españolas teñen problemas moi serios para chegar a fin de mes. As contas, por culpa da inflación, non cadran a moitas economías domésticas", aseguraron.

Sectorial Mulleres .-

O Presidente Provincial do Partido Popular, José Manuel Barreiro, presentou a Rita Barberá como un exemplo da política de proximidade e defensora do municipalismo, afrontando agora o seu quinto mandato como alcaldesa de Valencia. Resaltou o carisma persoal e político desta muller, ao que hai que engadir a súa tremenda capacidade para o traballo e a súa vocación de servizo. En 1991 fíxose coa cadeira de brazos da alcaldía, desde 1983 é deputada nas Cortes Valencianas, e tamén ocupou a Vicepresidencia da Federación Española de Municipios.

Foto
Foto
Durante a intervención do candidato ao Congreso, Joaquín García Díez destacou que o PP ten claro que todas as políticas fiscal, social, educación, de formación... afectan á muller. "Non se trata de pór sobre a mesa medidas específicas para un colectivo determinado, nós pensamos que todos os temas lles conciernen as mulleres".
Nese sentido García Díez subliñou que cando o PP estea no Goberno baixará os impostos e destacou a redución do IRPF para aqueles contribuíntes con ingresos de ata 16.000 euros, así como a posta en marcha dunha rebaixa adicional para aquelas mulleres que traballen fóra de casa: a dedución na cota do IRPF podería chegar ata os 1.000 euros anuais.
Foto
Foto
Joaquín García Díez explicou tamén que o PP cre na igualdade real, e non nas medidas demagóxicas. "Un dos compromisos de Rajoy é crear 400.000 prazas de gardería, e ampliar os permisos de maternidade e paternidade para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das mulleres e dos homes", asegura. Outro compromiso dos populares é aumentar as pensións de viuvez, único recurso que lles queda a moitas mulleres tras a morte do seu cónxuxe.
O candidato daba paso á intervención de Rita Barberá, que precisamente se incorporou á actividade política o mesmo ano que el entraba a formar parte da corporación de Lugo, en 1991.
Foto
Foto
A alcaldesa de, Valencia Rita Barberá, subliñou durante a súa intervención a reforma fiscal que fará o Goberno de Rajoy. Puxo como exemplo que "un traballador que gañe 22.000 euros ao ano aforrará, coas reformas de Mariano Rajoy, ao redor de 850 euros. No caso dunha parella na que os dous traballen, con dous fillos, e uns ingresos totais de 45.000 euros anuais, aforrarán 3.000 euros ao ano".
Tamén se referiu ás importantes vantaxes para mellorar as condicións dos autónomos que introducirá o PP. "Mariano Rajoy xa se comprometeu a reducir o Imposto Xeral sobre Sociedades ao 25% e para as Pemes rebaixar o tipo ata o 20 por cento", engadiu.
Foto
Foto
Barberá resaltou que a media do salario das mulleres españolas é un 15% menor que o dos homes. "Isto pon de manifesto que os socialistas non foron capaces de pór en marcha medidas efectivas para que a igualdade sexa real", explicou.
A visita de Rita Barberá concluíu cun xantar no que participou toda a candidatura ao Congreso e ao Senado coa que o Partido Popular concorre aos próximos comicios do mes de marzo.
Foto
 
Foto
Foto
   
Foto
Foto
   
Foto
Foto
   
Foto
Foto
   

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo