-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
Ante o escándalo da xerencia do CETAL, García Díez pide a dimisión de Orozco como presidente do Padroado

15/02/2008

 
  • José Manuel Barreiro e Joaquín García Díez deron unha rolda de prensa á luz dos recentes escándalos que tanto o número 1 como o 2 do PSOE provocaron cos seus comentarios cando crían que ninguén lles escoitaba.
  • Barreiro cualificou o sucedido co CETAL como "unha falta de respecto total e absoluto para os lucenses, que pon en evidencia a catadura moral de José Branco"
  • Joaquín García Díez anunciou iniciativas plenarias do Grupo Municipal Popular e pediu a dimisión de Orozco como presidente do Padroado do CETAL.
 

Poucas veces unha institución que nin sequera comezou a funcionar deu tanto que falar. O CETAL, un ente creado polo Partido Socialista para contrarrestar institucións similares promocionadas polo Bloque Nacionalista Galego, saltou á actualidade grazas a unha imprudencia cometida por José Branco, número 2 do PSOE.

Na gravación, que reflicte unha conversación que foi gravada polos micrófonos da Cadea COPE o día 9, durante unha reunión de afiliados e simpatizantes na Pontenova, mantivo José Branco con Luís Anxo Lago Lage, Secretario Xeral do PSOE en Lugo, pódese escoitar con absoluta claridade a seguinte conversación:

José Blanco:
Oye, ya tenemos gerente p'al CETAL ¿eh?
Lago Lage:
Sí? Y de qué es?... de Lugo, de fuera?
José Blanco:
Un tipo de Lugo, el número dos del aula láctea... ¡le vamos a meter una hostia a Méndez Dónega* en el hígado!
   
 
* Refírese, presumiblemente, ao director do Aula de Produtos Lácteos, Juan Méndez Dónega

Esta gravación tiña lugar, como diciamos, o día 9 de febreiro. Tendo en conta que o proceso de selección do xerente do CETAL comezaba tres días máis tarde, a ninguén se lle escapa que o señor Branco tiña moi claro quen ía ser o seleccionado ata antes das entrevistas e probas pertinentes.

Ante esta escandalosa situación, Joaquín García Díez, nunha rolda de prensa ofrecida esta mañá xunto a José Manuel Barreiro, fixo as seguintes preguntas:
Foto
  • Con que diñeiro vaise a pagar a preselección de candidatos que se encarga a unha consultora especializada?, cos da fundación, os do padroado ou os vai a pagar do seu peto o señor Branco?.
  • De que serve e para que se gasta o diñeiro de todos se quen decide a quen se vai a contratar para este posto é o señor Branco?.
  • Sabían os preseleccionados que estaban perdendo o tempo e que erán partícipes dunha comparsa?
  • Sabían os membros do padroado que estaban facendo un paripé cando entrevistaron a candidatos?
  • Ocultou Orozco esta información aos organismos implicados ou lles dixo que ían facer un teatro porque xa estaba decido quen ía ser o Director Xeral do CETAL?
  • Dimitirá alguén?
  • Darán algunha explicación aos aspirantes que quedan por entrevistar?
  • Buscaban ao mellor director xeral ou buscaban unha estratexia e persoa para pór dificultades ao BNG desde o PSOE?
  • O arquitecto que vai facer a futura sede do CETAL vaise a seleccionar con criterios de "amiguismo" co señor Branco?. (Neste sentido o deputado popular recordou as palabras de Orozco nas que dixo que se seguirá un procedemento similar ao concurso que se fixo para o museo interactivo da cidade de Lugo e para buscar un xerente para o CETAL).

Para aquelas persoas que non escoitasen a gravación efectuada pola Cadea COPE das reveladoras palabras de don José Branco, poden descargarse o arquivo a continuación:

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo