-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular pide que se revisen as instalacións eléctricas das dependencias municipais

13/02/2008

 
  • Enrique Rozas denunciou que o desmantelamento do servizo electrico complica que se leve a cabo un mantemento adecuado das instalacións que dependen do Concello
  • A semana pasada, nunha revisión rutineira, detectáronse graves deficiencias dun cadro electrico dun centro escolar
 

O Grupo Municipal Popular denuncia que se detectaron graves deficiencias en instalacións eléctricas de centros educativos, cuxo mantemento, conservación e reparación son responsabilidade do Concello. O concelleiro Enrique Rozas explicou como grazas a unha revisión rutineira do servizo electromecánico detectouse que un dos cadros eléctricos dun centro escolar non tiña toma de terra.

Enrique Rozas teme que esta situación poida existir nalgunha outra das 120 dependencias municipais onde o Concello ten encomendada a responsabilidade do mantemento, tales como as instalacións do servizo de augas e rede de sumidoiros, instalacións deportivas, dependencias administrativas, servizos sociais, centros escolares...

O concelleiro popular considera que se chegou a este extremo despois de que o PSOE desmantelase o servizo de electromecánica, reducindo o seu persoal a tan só tres operarios oficiais. Para Rozas salta á vista que é insuficiente o persoal, xa que é imposible que tres persoas poidan atender correctamente tantas dependencias.
Foto

Enrique Rozas explicou como, sen previo aviso e unilateralmente, o equipo de goberno decidiu que parte do persoal de electromecánica pasase a ocuparse da zona rural. Os resposables locais ignoraron os informes do responsable deste servizo onde todos os anos reclámase máis operarios.

Ante esta situación o Grupo Municipal Popular propón:

  1. Dotar do persoal suficiente aos servizos electromecánicos.
  2. Que por parte do mesmos se faga unha revisión inmediata das instalacións electricas de todos os centros municipais pertencentes ao Concello.

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo