-
 
Novas e actualidade
barra
 
         

portada de entrada
Saúdo do Grupo
Actualidade
Áreas de interese
Contamos Contigo
Opinión
Galería
Enlaces
Blog do portavoz
Quen somos?
Contacta connosco

         
         
         

 

 
O Grupo Municipal Popular denuncia o abandono das rúas Piñeiral e Serra de Meira

12/02/2008

 
  • A reurbanización á que se comprometeu en 2004 o equipo de goberno non se chegou a facer.
  • Os veciños están cansos dos cortes de auga consecuencia das continuas fugas, e din que lles estragan os electrodomésticos
 

O Grupo Municipal do Partido Popular se fíxo eco das queixas dos veciños de Serra de Meira e rúa Piñeiral polos continuos cortes de auga que sofren consecuencia das fugas das tubaxes de canalización.

Os populares coinciden cos veciños en denunciar a falta de credibilidade e compromiso do Equipo de Goberno que lles prometeu en 2004 a reurbanización completa destas rúas. "Estamos ante unha nova promesa electoral incumprida, e a consecuencia directa dos parches que se fixeron, hai fugas de auga que deixan sen subministración aos veciños".

Os últimos cortes que se produciron duraron toda a tarde do 31 de decembro. Tamén houbo cortes os días 6 e 24 de Xaneiro. O último problema de subministración foi a mañá do pasado día 7 de febreiro.
Foto

Os veciños están fartos de tanta incompetencia e reclaman o cambio das tubaxes. Segundo as denuncias recollidas pola edila Teresa Taboada, tras recuperarse o servizo de auga tras un dos cortes a auga sae con lodos, chegando a estragar electrodomésticos tales como lavadoras.

   
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto
Foto

 

     

  política de privacidade e condicións de uso | © 2007 - Grupo Municipal Popular no Concello de Lugo