| |
O Grupo Municipal Popular asiste á consagración do novo Bispo de Lugo |
09/02/2008 |
|
| |
-
O Grupo Municpial do Partido Popular felicita ao novo bispo de Lugo e deséxalle o mellor na súa nova responsabilidade.
-
Tras as recentes polémicas entre o PSOE e a Igrexa católica García Díez quere recordar que "a nós gústanos ser respectuosos e non xulgar a ninguén sen lle dar a oportunidade de facer o seu traballo".
|
| |
O Grupo Municipal do Partido Popular acudiu en pleno a presentar os seus respectos e felicitar ao novo Bispo de Lugo.
O que xa é Monseñor Carrasco, bispo de Lugo, foi felicitado polas principais autoridades e personalidades da cidade de Lugo.
|
|
Tras unha multitudinaria recepción no obispado, ás 12 comezou a cerimonia relixiosa na Catedral de Lugo. |
A prensa fíxose eco da ausencia do señor Touriño, Presidente da Xunta, de de quen García Díez dixo “cometeu un grave desliz e a súa imprudencia ao opinar sobre a designación do novo bispo lucense é impropia de quen ostenta a noble tarefa de representar a todos os galegos”.
|
|