O portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular e candidato ao Congreso dos Deputados, Joaquín García Díez, anunciou hoxe o seu compromiso de modificar os accesos da nova ponte sobre o Miño. Este será un dos primeiros acordos que se adoptará se o PP logra o Goberno tras as eleccións do próximo día nove de Marzo.
Joaquín García Díez fixo este anuncio no transcurso dunha rolda de prensa na que informou do contido da alegación que o Grupo Popular presentou, esta mesma mañá, na Subdelegación do Goberno para modificar o trazado da nova ponte sobre o Miño.
|
Os populares reclaman "a revisión da decisión adoptada polo Ministerio de Fomento de construír a nova ponte de Lugo a través da alternativa 2 xa que consideran que implicaría un prexuízo para cidade, derivado do seu impacto ambiental trasladando o tráfico da actual ponte romana a outro punto da cidade, á altura da Avenida de Magoi". |
|
Os populares solicitan que Fomento contemple a alternativa presentada polo Grupo Popular eliminando o viario que atravesa o parque Marcos Cela. Unha modificación que, segundo recalcou Joaquín García Díez en nada prexudicaría, nin encarecería, nin atrasaría o proxecto.
O portavoz do Grupo Popular recorda que hai un acordo plenario, que contou cos votos do PSOE, polo cal decidiuse suprimir do PXOM a conexión da ponte cruzando o parque Marcos Cela. García Díez considera que Orozco incumpriu o acordo e insiste en que esta situación "denota o pouco peso que Orozco ten no seo do seu propio partido, xa que é incapaz de convencer aos responsables do Ministerio de Fomento para que modifiquen a localización deste viario. É unha proba máis de que non ten forza para defender os intereses de Lugo", puntualizou García Díez.
|